A actividade que
escollín é a Acuicultura.
1. Descrición da
actividade:
Esta actividade trata
sobre o emprego da Acuicultura nas zonas da Costa da Morte. A Acuicultura é o
conxunto de actividades, técnicas e coñecementos de cultivo e de especies
acuáticas tanto vexetais como animais. É unha actividade económica de produción
de alimentos, materias primas de uso industrial e farmacéutico e organismos
vivos para repoblación.
Actividade relacionada coa Acuicultura.
2. Características
básicas a empresa ( instalacións, persoal, investimento ):
Unha empresa de
cultivo de peixes de tamaño medio pódese dividir en sete departamentos:
Direción, administración, parque móvil, compras, ventas e marketing, desarrollo
de cultivos e laboratorio. No caso de moluscos soe ser que un autónomo que
traballa por sí mesmo na explotación coa
colaboración ocasional de familiares.
En canto aos perfiles
persoais, na área da acuicultura de peixes hai escasez de persoais
cualificados. Os máis solicitados soen ser Biólogos mariños, técnicos en
acuicultura, buceadores profesionais, patróns locais de pesca, condutores,
administrativos e comerciais.
A nivel de
investimento gástase a maioría del nos materiais e produtos necesarios, xa que
os peixes e moluscos son criados e capturados de Rías, ríos ou dos propios
mares. Nos gastos, é moi común que durante un certo tempo os ingresos non
compensen os gastos po lo que se debería de facer unha previsión sobre o número
de meses que pode producirse esa situación e contar con inversións suficientes
para afrontala. En resumo, os principais gastos fanse en piensos, tratamentos e produtos químicos,
costes comerciais, seguros, enerxía eléctrica e osíxeno, gastos xenerais de
fabricación, gastos de persoal manteñemento e amortización. No caso especial
dos moluscos, serán os relacionados coa reparación do barco e a instalación
produtora.
Sobre as
instalacións, na zona existen 5 granxas mariñas, 16 parques de cultivo de
moluscos, 7 xaulas, 9 líneas de cultivo, 133 bateas e 5 criadeiros, situados
principalmente en Muros, Noia, Camariñas e Corme.
3. Como é o
mercado dese negocio nesta zona?:
Non hai datos dispoñibles
relativos ao consumo de produtos procedentes de acuicultura na zona de estudio
nin en Galicia. Actualmente, o 40% do subministro total do pescado para a
alimentación procede da acuicultura.
En Galicia, o cultivo
principal de peixes é o Rodaballo, que supón o 98% da produción total de peixes
en Acuicultura.
4. Tipos e
características dos clientes:
Os clientes son,
principalmente, distribuidores ou superficies comerciais e, en menor medida, os
hoteis, restaurantes, pescaderías, mercados locais e venta a particulares:
• Distribuidores:
45 – 50%
• Superficies
comerciais: 40 – 45%
• Establecementos
de hostelería e comercios: 10%.
No caso dos peixes,
os maioristas son os principais clientes. O prazo medio de cobro oscila entre
os 30 e os 60 días. As empresas pequenas venden dentro da provincia a nivel
autonómico. As empresas máis grandes (S.A) soen levar os produtos a mercados
europeos e incluso a nivel mundial.
Algunhas das empresas galegas relacionadas coa
Acuicultura.
5. Empresas
Competidoras:
En Galicia a
Acuicultura céntrase principalmente na cría e no engorde de peixes,
principalmente o rodaballo e os moluscos.
Estos cultivos
supoñen, para o consumidor, ter os produtos ao seu alcance, de baixo prezo,
produtos de gran calidade.
Polo que se refire á
distribución, as empresas de acuicultura distribúen seus produtos a través de
grandes áreas comercias e mercas.
Para darse a coñecer
aos clientes, as ferramentes máis utilizadas son as mostras en bruto ou cunha
adición de valor añadido como pode tratarse do conxelado ou as conservas. Soe
acompañarse de tarxetas de visita e páxinas web.
Nas ventas, trátase
da venta directa con presentación do produto ao cliente. Tamén se soe utilizar
a presenza en feiras.
6. Características
dos provedores.
Non atopei ningún
dato acerca dos provedores.
7. Situación
actual e perspectivas de futuro dese sector.
a) Ameazas:
As ameazas afectan
aos moluscos e aos peixes
Moluscos: Incremento
de número de países produtores, entrada de produtos substituídos foráneos,
compras máis grandes e menos frecuentes, situación de contaminación das rías.
Peixes:
Incremento de número de países produtores, aumento de poboación en
cidades, da participación da muller ao traballo, compras máis grandes e menos
frecuentes, estado medioambiental dos lugares de produción.
b) Oportunidades:
Moluscos: Demanda crecente, incremento e endurecemento
das cuotas de pesca establecidas pola política de pesca común europea,
restricións á pesca no ámbito internacional derivadas dunha lexislación máis
dura, as condicións costeiras e ambientais de Galicia favorecen o desarrollo
dun gran número de especies, novos métodos que facilitan o traballo e permiten
dedicar menos horas.
Peixes: A demanda é maior que a oferta no consumo de
pescado, esgotamento dos caladoiros de pesca tradicionais, incremento e
endurecemento das cuotas de pesca establecidas pola política de pesca común
europea, restricións á pesca no ámbito internacional derivadas dunha
lexislación máis dura, aumento de especies cultivables e finalización do ciclo
biolóxico en moitas especies, as condicións costeiras e ambientais de Galicia
favorecen o desarrollo dun gran número de especies, axudas por parte da administración
para a posta en marcha da actividade, aparición de explotacións con necesidades
de inversión menores para o cultivo de especies rentables.
c) Puntos fortes:
Moluscos: Proceso produtivo sencillo, boa relación
calidade/prezo nalgunhas especies, profesionalización, bo nivel de adecuación
dos activos físicos, axudas por parte da administración para a posta en marcha
da actividade.
Peixes: Gran tradición no cultivo dalgunhas
especies, especialización.
d) Puntos débiles:
Moluscos: Produto perecedoiro, imaxe externa pouco
favorable no caso dalgunha especies, falta de promoción de usos culinarios
dalgunhas especies, carencias en formación e reciclaxe dalgúns traballadores,
carencias en recursos tecnolóxicos, tradicionalismo do sector.
Peixes: Falta de profesionalidade especializados na
actividade, uso intensivo de man de obra pouco cualificada, falta de
tecnificación e informatización nas plantas de cultivo, dependencia de empresas
auxiliares de fora de Galicia, elevado volume de inversión necesario para iniciarse
na actividade, elevado tempo de espera para comezar a obter beneficios da
actividade.
8. Marketing.
Po lo que se refire á distribución, as
empresas de acuicultura
distribúen seus
produtos principalmente a través de grandes áreas
comerciais e mercas,
e, inda que tamén se distribúen a través do
mercado local
(restauración y pescaderías) só o fan as empresas máis pequenas (por exemplo,
as piscifactorías de troitas). Por último, un grupo importante de clientes o
constitúen as empresas de transformación, xa que os datos obtidos nas
entrevistas realizadas indican que, sobre todo, o mercado exterior acepta de
mellor grado o produto transformado que en bruto.
9. Instalacións.
Utilízanse tanques e
plantas industriais, barcos instalacións produtoras etc. Estas últimas serían
as máis costosas.
Tamén faría falta
alimentos como o pienso, e tamén recursos como produtos químicos, osíxeno e
enerxía eléctrica.
10. Gastos anuais
da actividade.
Non aparece ningunha
táboa cos datos.
11. Previsión de
ingresos anuais.
Sen datos
dispoñibles, É normal que o primeiro ano non se consigan moitos beneficios pero
subirán ao longo do tempo.
12. Resultado
bruto de explotación. (beneficio bruto)
Pequenos, o mercado
exterior acepta de mellor grao o produto transformado (conxelado, afumado) que
en bruto.
13. Financiamento.
(de onde sacas os cartos)
Sen datos.
14. Que formación
deben ter os teus empregados?
Os máis recurridos
son biólogos mariños, técnicos en acuicultura, buceadores profesionais, patróns
locais de pesca, condutores, administrativos e comerciais. O empresario soe ser
traballador e haber aprendido o oficio no negocio familiar.
15. Onde podes
conseguir axudas para este negocio?
Nas seguintes páxinas
web:
Xunta de Galicia:
www.xunta.es
· Sociedad europea de acuicultura:
· Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e
Relacións Laborais:
· JACUMAR (Junta Asesora
Nacional de Cultivos Marinos):
.Dirección general de pesca
de la UE:
16. En que centro educativo
poderías formarte para esta educación?
Pódese estudar en
Catalunya, Generalitat de Catalunya
Necesitaríase cumprir
os seguintes requisitos:
Adquirir os coñecementos
en acuicultura basados na produción, a sostenibilidade e a responsabilidade.
Coñecer los avances
en nutrición, metabolismo e crecemento en especies acuícolas, facendo fincapé
tanto nos coñecementos teóricos como nas posibles aplicacións na mellora da calidade
do produto.
Coñecer o estado
actual do coñecemento inmunolóxico e patolóxico en especies de interés para a
acuicultura, mediante as ferramentas necesarias para o diagnóstico, o tratamento
e á prevención das enfermidades, ademais de coñecer a interacción da
acuicultura e o medio ambiente.
Entender os criterios
de diseño e os fundamentos de inxeniería necesarios para promover ou xestionar
de maneira viable un sistema de acuicultura, e as bases de organización dunha
empresa tanto no referente aos aspectos técnicos como aos de xestión
empresarial e de mercado.
Adquirir as ferramentas
e os coñecementos necesarios para desarrolar investigación en acuicultura en
centros públicos e privados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario